Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Concello

Viveiro recibe aos participantes da travesía «El Camino a Vela» no percorrido cara a Santiago

A alcaldesa Mariña Gueimunde deu a benvida nunha recepción oficial á tripulación participante.
Cultura

A Banda de Música O Landro e o Concello de Viveiro presentan uns obradoiros de construción de instrumentos musicais con refugallos

A iniciativa desenvolverase no Conservatorio de Música de Viveiro en dúas quendas e combina educación ambiental, creatividade e formación musical.
Urbanismo

Corte do paseo fluvial entre Portochao e o embarcadoiro por obras de mellora

A actuación está a ser executada polo Servizo Provincial de Costas e responde a unha xestión realizada polo goberno municipal para conseguir o arranxo do tramo de pasarela de madeira.
Festas

O Concello de Viveiro habilitará un estacionamento reservado para residentes durante o Resurrection Fest

A medida aplicarase entre o 1 e o 4 de xullo na rúa Lavandeiras e está dirixida á veciñanza empadroada en Lavandeiras, Arribada e Rego da Fonte.
Festas

O Concello de Viveiro abrirá o prazo para solicitar autorizacións para celebrar comidas na rúa durante a Feira Renacentista

As solicitudes poderán presentarse do 15 ao 28 de xuño e haberá un formulario específico tanto para pedir espazo como para solicitar o préstamo de material municipal.
Medio Ambiente

Mariña Gueimunde recolle a bandeira azul que volverá ondear na praia de Area

O distintivo confirma a presenza do areal viveirense na relación oficial de praias recoñecidas na convocatoria 2026-2027.
Concello

O Concello de Viveiro alerta do envío de mensaxes falsas para reclamar o pago da taxa de residuos

A administración municipal advirte que se trata dun intento de fraude e lembra que ese tributo se cobra a través do recibo da auga xestionado pola empresa concesionaria Veolia.
Deputación

Mariña Gueimunde agradece á Deputación o apoio aos proxectos de Viveiro

A alcaldesa acompañou a Carmela López, presidenta da institución provincial, na visita ás obras e proxectos financiados con cargo ao Plan Deputación en Covas.
Concello

O Concello de Viveiro forma ao persoal municipal no uso de desfibriladores semiautomáticos

A formación impártese hoxe e mañá tras a instalación dun novo DESA na Casa do Concello para reforzar a resposta ante posibles emerxencias sanitarias.
Medio Ambiente

Viveiro reforza no Día Mundial do Medio Ambiente a concienciación sobre a importancia de protexer o sistema dunar da praia de Covas

O Concello pon en valor os traballos de rexeneración que están en marcha e lembra a necesidade de respectar as dunas para favorecer a súa recuperación.